6 may 2012

Recréate coas curtas

Agardámoste este luns no Salón de Actos, de 15:45 a 16.20. En Recréate coas curtas poderás ver:



Good night mon ami 
Curta de animación na que Tomás Conde e Virxinia Curiá levan á pantalla o relato de Castelao Unha rúa nun porto lonxano.
Nun porto lonxano do norte atópanse un mariñeiro que fala inglés e outro que fala francés. Cada un no seu falar, fan promesas de grande amizade e deciden perder o sentido xuntos para facérense máis amigos. Unha das tabernas nas que entran está servida por un taberneiro, gordo coma un flamenco de caste... 
Castelao, con mestría, aborda o sentimento dun pobo que oculta a súa orixe por vergoña.




Reflexos
Nani Matos dá vida a un personaxe atormentado polos seus actos. As pantasmas do pasado irrompen con forza no presente e a súa presenza corpórea cobra afán xusticeiro e conturba a existencia.
Ningunha carga é tan pesada coma a da propia conciencia. Por veces, convértese nun peso insoportable que nos fai perder a máis feroz das batallas: a que libramos con nós mesmos...



No hay comentarios:

Publicar un comentario