Inclúe na túa axenda musical da fin de semana á Sala 600 de Melide, xa que este venres, 4 de maio, ás doce da noite, actuará O Sonoro Maxín. A banda ourensá que nace no 2007 está composta por Abraham ‘El niño’, Xurxo Brea, Cris Asenjo, Samuel Algite, Xaime Mateo e Ico, músicos que proveñen de formacións con tanta sona no panorama musical galego como Lamatumbá, Mutenrohi ou Cinnamon Gum.
Despois de numerosos concertos que os colocaron entre o mellor da música galega ao vivo, veñen de quitar ao mercado o seu primeiro traballo que presentarán esta noite: A onda sonora (chega do interior).
Cumbia, reggae, ska, música de verbena... Gozan coa música e converten cada concerto nunha auténtica festa na que o público é convidado a crear os seus propios pasos de baile.

No hay comentarios:
Publicar un comentario