Laura Míguez leu A viaxe de Gagarín no club de lectura Fendetestas, e sumouse á homenaxe de Agustín con este magnífico traballo. Parabéns á nosa booktuber máis prolífica.
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura. Mostrar todas las entradas
11 may 2017
4 feb 2017
16 ene 2017
Naceu unha booktuber!
Laura Míguez Sánchez, de 4º ESO, estréase como booktuber no blog Fendetestas. Non perdas a súa recomendación de O único que queda é o amor, zumega paixón!
23 nov 2016
9 jun 2016
A fala, por María Paz Rendal
María Paz Rendal, alumna de 3º da ESO, realiza a súa particular homenaxe a Manuel María.
1 jun 2016
Masculino singular, unha lectura imprescindible
Just for men from Antía Otero on Vimeo.
Imaxe: Antía Otero
Música: Federico Flesfa
Letra: Masculino Singular de Carlos Negro
" Cando Carlos Negro me propuxo facer un videopoema partindo do seu último libro, tiven claro que tería que crear un contexto. Un marco que non convertise os seus versos nun pretexto, senón no motor.
Estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha vez sobre o mesmo. Isto foi o pensamento que nos acompañou a min e ao músico Roberto Casteleiro, quen nalgún dos seus traballos asina como Federico Flesfa:
Rober, estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha ver sobre o mesmo. Lanzáronnos tantas veces a idea da igualdade sen crear estratexias reais de fondo, que rematou sendo burbulla....pero o peor é que cando alguén nos enuncia as realidades, como o fai este libro, as nosas cabezas sistemáticamente pensan niso como nalgo que non é novo, que xa temos escoitado. Unha opción, cando menos, estrana pola nosa parte. Un filtro falso que fai que todo siga e non mude. Precisamos un contexto. Non pode haber ilustración. Só código.
TRAP?
RAP?
Non, TRAP
E comezamos o mergullo. Pasamos semanas pensando na estética swagger, na mistura do look hiphop, reggaetón e electro. A diferenciar entre o TRAP Americano do que se fai no Estado Español. O culto ás marcas, aos videoxogos, aos emoticonos, aos gifs, ao Instagram, ao Youtube, as repeticións, os cambios de ritmo.
Reivindícanse como grupos que non cren nas discográficas, asociadas para eles ao mainstream do RAP e do HipHop, e empregan as redes para chegar ao seu público: “O TRAP é a música da rúa, o día que perdamos ese contacto xa podemos sacarnos disto”-din. Un discurso que asinaríamos en canto a contracultural se refire, se non fose porque as súas letras están cargadas do mesmo subtexto ao que estamos acostumadas que suceda século tras século: cosificación, misoxinia e machismo. A memoria do peixe aparece de novo".
( Antía Otero )
22 may 2016
XXXI CERTAME DE POESÍA MARÍA SOLIÑO
Participa no XXXI Certame de Poesía, convocado polo IES María Soliño de Cangas. Recorda que:
- Os poemas deberán estar escritos en lingua galega e cada participante deberá presentar un mínimo de tres composicións e un máximo de cinco.
- Concederanse tres premios en cada categoría por importe de 150, 75 e 50 euros.
- O prazo de entrega remata o 13 de xuño.
18 abr 2016
19 feb 2016
Lermos.gal, novo portal de referencia para a literatura galega
Lermos.gal quere ser, segundo os seus autores,
“ o punto de reunión de toda a actualidade da literatura en galego. Novidades,
presentacións, entrevistas e opinións, todo ten cabida aquí”. O espazo conta,
ademais, con recursos moi interesantes como a microficha: Quero escribir unrelato.
18 feb 2016
A viaxe de Gagarin
Andamos a voltas con A viaxe de Gagarin. Accede ao blog da novela de Agustín Fernández Paz e mira o seu book trailer:
27 ene 2016
O Couto Mixto
A quinta de Saler, obra que teremos ocasión de comentar o vindeiro mércores co seu autor, ambienta parte da acción nos territorios raianos do Couto Mixto. Nesta reportaxe da TVG podes informarte sobre as curiosas leis e singularidades desta antiga República Independente.
E velaquí fermosas imaxes da obra O couto mixto, de Luís García Mañá:
4 dic 2015
Roteiros literarios
E o día 27 de novembro os alumnos e alumnas de 4º ESO fomos de roteiros literarios...
En Trasalba e Pontevedra, o contacto cos espazos vitais de Castelao e Otero Pedrayo permitíronnos entender mellor a súa obra.
En Trasalba e Pontevedra, o contacto cos espazos vitais de Castelao e Otero Pedrayo permitíronnos entender mellor a súa obra.
30 nov 2015
Eu son...
Se queres ser universal, fala da túa aldea
León
Tolstói
A exposición Eu son… naceu cun dobre obxectivo: por
unha banda pretendía render homenaxe a Memorias dun neno labrego, obra singular
na historia das nosas letras e, por outra, ofrecer un tributo aos nosos
antergos, a todas aquelas persoas que teceron coas súas vidas os nosos
presentes.
Galicia estivo chea de nenos e nenas labregas con
historias sentidas que contar. As que aquí se recollen reflicten a vida da aldea, da escola, dos
traballos do campo, da emigración, da represión, do amor, da ditadura… Esas
historias de vidas anónimas forman parte do noso pasado e tamén do noso
presente: elas son a nosa raizame e é de xustiza que non caian no esquecemento.
Velaquí as nosas memorias que hoxe, máis ca nunca, convértense nunha sentida homenaxe ao creador de Balbino.
21 nov 2015
Sons de Nós, homenaxe musical á Revista Nós

A vindeira semana realizaremos o roteiro literario de Castelao e Otero Pedrayo. E xa que estamos coa Xeración Nós...
SONS DE NÓS (2015) é unha homenaxe musical aos poetas das Irmandades da Fala e da Revista Nós, realizada por 2na Fronteira, un dúo ítalo-galego de compositores e intérpretes: voz, piano e harmonio, constituído por Carmen Penim & Maurizio Polsinelli.
Músicos:
Pablo Rodríguez (guitarra española);
Carmen
Gallego (Nyckelharpa e violín);
Segundo Grandío (contrabaixo);
César
Loureiro (zanfona);
Paulo Nogueira (percusión)
e Leandro Deltell
(batería).
19 nov 2015
27 oct 2015
Traducidos á nosa lingua os contos de terror de Chris Priestley
Gústanche os relatos de terror?
O
tío de Edgar vive nunha casa alén do
bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das
árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo.
Un
día, o tío de Edgar fascínao cunha serie
de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade:
unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío
Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos?
Pero
non hai tempo para respostas. Á volta, Edgar ten que atravesar o bosque antes
de que escureza… ou están as respostas aí fóra?
Prepárate
para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o
tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.
7 oct 2015
Chega ao cinema A praia dos afogados
Que facer esta fin de semana? A oferta cultural é ampla. Entre outras moitas propostas, agárdannos Curtocircuíto e a estrea nos cines de todo o Estado de A praia dos afogados, un filme que traslada á gran pantalla a obra homónima de Domingo Villar.
Moitos de vós xa lestes A praia dos afogados e outros leredes este curso Ollos de auga. Magnífica ocasión, pois, para coñecer ao inspector de policía Leo Caldas, ao seu axudante Rafael Estévez, ao pai de Leo e a tantos personaxes que poboan o universo de ámbalas dúas obras.
2 jun 2015
Se a poesía che parece un rollo, le Luisteratura
Andrea Boado, a seareira máis fiel deste blog, estréase hoxe como crítica literaria, e as palabras recenden a novo.
Benvida á túa casa. Agardamos que, ademais de lectora, pases a ser colaboradora habitual!
Luís Pirucha, autor de Luisteratura, é un rapaz de Portonovo que
dende hai un tempo cultiva o seu gusto pola literatura coa publicación de
numerosos relatos en diversos blogs e foros dixitais. A pesar do pouco apoio
por parte das editoriais, a súa obra xa logo contará cunha segunda edición.
O libro pode estruturarse en tres partes: relatos extensos, breves e
finalmente poesía.
A publicación foi complicada pois, debido á falla de subvencións para a edición en galego, non é doado atopar unha
editorial a día de hoxe; ademais moitas delas seguramente non aposten por unha escrita nova
como a que se nos amosa aquí. Nestas circunstacias, Luis optou pola
autoedición, pois xa contaba cunha excelente resposta por parte dos lectores.
Tamén optou por unha nova maneira de publicidade, as redes sociais, facendo
chegar o libro máis preto do público.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





