Mostrando entradas con la etiqueta Campañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Campañas. Mostrar todas las entradas

15 may 2017

Manifesto a prol da Filosofía

MANIFESTO A PROL DA FILOSOFÍA

Un día como hoxe hai 4 anos, en 2013, presentamos aquí un comunicado conxunto en defensa da filosofía, a Facultade de Filosofía de Santiago, a SOGAFI, o grupo Doxa e a Aula Castelao de Filosofía recollendo o lema QUEN TEME Á FILOSOFÍA? que servira para unha campaña reivindicativa impulsada a nivel estatal pola Red Española de Filosofía (REF).
A LOMCE foi aprobada en decembro de 2013, e neste curso 2016-2017 completouse o proceso de implantación desta nova reforma educativa que está a causar graves prexuízos aos estudos de Filosofía no ensino secundario, enfrontándonos aos profesionais da filosofía a un futuro cada vez máis restritivo en termos de horas lectivas, de postos de traballo e de relevancia académica.
Despois da supresión de tres das catro materias obrigatorias que ata agora estaban asignadas ao profesorado de Filosofía: a Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos de 2º ESO, a Educación Ético-Cívica de 4º ESO e a Historia da Filosofía de 2º de Bacharelato, chegou agora finalmente e desaparición da Filosofía das probas comúns dentro da Avaliación Final de Bacharelato.
Xa daquela destacábamos a dimensión histórica do recorte, a súa contradición cos obxectivos da UNESCO, e o efecto negativo que ía ter sobre a liberdade de pensamento, a cultura e a calidade democrática deste país. Hoxe non podemos máis que confirmar esa pouco alentadora diagnose e constatar un retroceso en todos eses indicadores.
Como aclara o Informe da REF ás súas entidades integrantes do pasado 22 de xaneiro 2017, durante o proceso de tramitación lexislativa e de implantación apresurada da LOMCE distintas asociacións trataron de minimizar o seu impacto nas respectivas comunidades, cun resultado moi variado que de feito deu lugar a 17 sistemas educativos diferentes, polo menos no que respecta ás materias de Filosofía: algunha comunidade autónoma mantivo a obrigatoriedade de Educación para a Cidadanía en 2º ESO; varias comunidades ofertaron en 4º ESO unha optativa de Filosofía; a Filosofía de 1º de Bacharelato, única obrigatoria a escala estatal, ten unha carga horaria variable, entre 3 e 4 horas, segundo as comunidades; e en canto á Historia da Filosofía de 2º de Bacharelato, 9 das 17 comunidades autónomas decidiron mantela dalgunha forma como obrigatoria (segundo datos Informe REF 22/01/2017).
O último paso na implantación da LOMCE foi a regulación ministerial das reválidas, finalmente bastante parecidas á suprimida Proba de Acceso á Universidade, coa escepción de que a Historia da Filosofía xa non figura entre as catro materias troncais da proba, aínda que poderá figurar entre as optativas de modalidade para os alumnos que a teñan cursado.
No ámbito da política estatal os grupos parlamentarios aprobaron unha proposición de lei para paralizar a implantación da LOMCE, que foi recorrida polo goberno do estado ante o Tribunal Constitucional, e ao mesmo tempo os partidos chegaron a un acordo no Congreso para crear unha Subcomisión de Educación e negociar un “Pacto de Estado social e político pola educación” que nun prazo de seis meses subsistituirá á LOMCE.
A este contexto político xeral engádenselle as particularidades de Galicia. Ante a gravidade na situación da filosofía a Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela organizou en Santiago en novembro un “I Encontro Interacadémico de profesores de Filosofía”, no que se constituíron distintas comisións de traballo e se fixeron, entre outras, propostas en torno á modificación do marco lexislativo da LOMCE no ámbito de Galicia (sobre carga horaria de Filosofía e de Valores Éticos e outros cambios curriculares). Dese encontro saíu tamén a decisión de emprender unha rolda de contactos cos grupos parlamentarios e solicitar unha entrevista do Decano da Facultade e os novos directivos da reconstituída SOGAFI co Conselleiro de Educación, entrevista que foi longamente postergada e finalmente realizada o pasado 9 de marzo con nula vontade negociadora por parte da administración.
E entretanto en febreiro de 2017 confírmase a desaparición da Filosofía das probas comúns da Avaliación Final de Bacharelato. Trátase dun chanzo máis nun proceso cada vez máis terminal, que garda relación coa perda de instrumentos conceptuais para afrontar os desafíos dun mundo complexo, cambiante e incerto, no que os valores solidarios das democracias van perdendo empuxe diante dos intereses egoístas dos individuos e grupos privilexiados. Por iso consideramos que a importancia da Filosofía non é accidental senón decisiva, para madurar como persoas e para ter acceso a unha formación integral do ser humano.
Por todo o anteriormente exposto as institucións, asociacións e colectivos que abaixo se enumeran, así como todos os que firman este manifesto a título persoal, solicitan ó Ministerio de Educación e á Subcomisión de Educación que negociará un “Pacto de Estado social e político pola educación”, restituír a Filosofía ao lugar que lle corresponde polo seu valor formativo nos estudos de educación secundaria.
O cal pasa, ao noso parecer, pola adopción das seguintes medidas, debatidas e consensuadas no “I Encontro interacadémico de profesores de Filosofía” realizado en Santiago:
  • Consideramos que a Filosofía como disciplina esencial para a formación dos cidadáns do futuro non pode artellarse en secundaria e bacharelato en base a materias optativas. Estas en todo caso deberían de complementar ás materias a cursar por todo o alumnado. Por esta razón reivindicamos para posibles futuras reformas educativas a seguinte carga horaria da disciplina de filosofía:
1º Unha Historia da Filosofía obrigatoria para todas as modalidades en 2º de Bacharelato (cunha carga horaria de 4-3 horas)
2º Unha Introdución á Filosofía en 1º de Bacharelato para todas as modalidades (cunha carga horaria de 3 horas)
3º Unha Ética ou Filosofía en 4º da ESO para todas as modalidades (cunha carga horaria de 3 horas)
  • Respecto a materia de Valores Éticos: consideramos que esta debería ser unha disciplina a cursar por todo o alumnado, e non só unha alternativa laica á materia de Relixión, por iso solicitamos que a materia sexa obrigatoria. Por outro lado a docencia desta materia debería de estar en mans de profesorado de Filosofía, non ser impartida por calquera departamento que necesite completar carga horaria, como sucede en moitos centros na actualidade. De non haber departamento de Filosofía no centro (como é o caso de moitos CPI) habería que reivindicar a creación de ditas prazas pois suporía unha presencia maior da Filosofía nos centros educativos, a visibilidade da materia nas diferentes etapas escolares, e unha base mellor para fornecer a Filosofía en etapas superiores, así como máis postos de traballo para os titulados en Filosofía.

Asdo.: Grupo DOXA, Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, Grupo Nexos de Didáctica da Filosofía, SOGAFI, Grupo de Filosofía de Vigo, Aula de Filosofía Ferrolterra, Aula Castelao de Filosofía.




Nome:        NIF: 
Outros:     
E-mail:                    

21 feb 2017

Día Internacional da Lingua Materna

“Para fomentar o desenvolvemento sostible, os educandos deben ter acceso á educación na súa lingua materna e noutros idiomas. É a través do dominio da primeira lingua ou lingua materna que se adquiren as habilidades básicas de lectura, escritura e aritmética. As linguas locais, especialmente as minoritarias e indíxenas, transmiten culturas, valores e coñecementos tradicionais, desempeñando así un papel importante na promoción dos futuros sostibles”.                                                                                            UNESCO

1 dic 2016

Sumámonos á iniciativa de Youtubeir@s para rebordar a Rede de vídeos en galego

"Incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes máis empregadas no mundo e incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos". Ese é o obxectivo fundamental de Youtubeir@s, un concurso de vídeos na internet que impulsan os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e máis dos concellos da Coruña, Ames, Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove.

Yourubeir@s comezará hoxe, 1 de decembro, e o prazo de presentación de vídeos prolongarase ata o 28 de abril. Tal e como se explica no propio vídeo de presentación, poderanse presentar persoas maiores de 14 anos que deberán formalizar a súa inscrición en liña. 

Ademais, os vídeos deberán ter unha duración aproximada de cinco minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e estar dispoñibles na rede social YouTube. 

Alén disto, quen optar ao concurso poderá concorrer en dúas categorías: Vídeo-facermos, destinado a videotitoriais que amosen como realizar calquera proceso (dende unha receita ata como instalar un programa informático), e Vídeo-opinarmos, para aquelas propostas que acheguen unha opinión ou valoración respecto de calquera tema. 

Cada unha destas categorías premiarase cun premio en metálico de 1.000 euros e catro mencións honoríficas de 500 euros. 


 

31 may 2016

iFala

Dende a modernidade do século XXI, a Deputación da Coruña transmite o legado das Irmandades da Fala: a defensa e promoción da lingua.



iFala from Illa Bufarda on Vimeo.

23 may 2016

As Irmandades da Fala, contadas por Illa Bufarda

Todos temos oído que este ano se conmemora o centenario da creación das Irmandades da Fala, pero que sabemos realmente do momento en que nacen e do labor que desenvolven? O vídeo que a Deputación da Coruña lle encargou a Illa Bufarda responde con humor a estas e outras cuestións. 


As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.

Só queda esta semana para participar en Que se vexa! o galego



A Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) volveu convocar este ano o concurso Que se vexa o galego, no que algúns de vós xa participarades o curso pasado. 
Recordade as bases: 










CONCURSO EN TWITTER PARA QUE SE VEXA! O GALEGO

1. Fai unha foto alí onde vexas o galego: nun sitio que che guste, no que necesita ter maior visibilidade ou onde, desgraciadamente, non é do máis habitual velo.
[P. ex., no aviso dun ascensor, nunha pintada de declaración de amor na rúa, nun rótulo dun concesionario de coches ou nun anuncio de pizza]

2. Publícaa na túa conta de Twitter coa etiqueta #quesevexaogalegoenmarcada cunha frase positiva relativa ao ámbito ao que pertence a foto. Debes facelo a partir do día 9 de maio ás 11.00 h e até o 30 de maio ás 17.00 h.
[P. ex., “Como che me presta #quesevexaogalego no ascensor do meu edificio!” ou “Gústame #quesevexaogalego tamén para xantar pizza”]

E haberá dous premios!

-Un para a autora ou o autor do chío que cumpra os criterios do concurso e que máis rechíos teña o día 30 de maio ás 17.00 h. Anunciarase o/a gañador/a o mesmo día.
-Outro para o autor ou a autora do chío que un xurado formado por membros da directiva da CTNL considere máis orixinal, positivo, etc. Anunciarase o/a gañador/a ao longo do día 31 de maio.

Cada un dos dous PREMIOS consistirá en:
-Dous discos: Postal, de Chicharrón e Para unha vez que saímos, de Familia Caamagno.
-Dous libros: ¿A que altura está o ceo?, de Jorge Mira e Tattoos da Galiza, do Clube da Lingua do IES Marco do Camballón.
-Un libro-disco: A voz do vento, poemas de Manuel María, música de Fran Amil e A Tribo Incomprensíbel, e ilustracións de Jano.


Veña, anímate a facer Que se vexa! O galego ;-)

29 mar 2016

Non ao acoso

Nós, coma Canto Ghalpón e o  Clube da Lingua do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, tamén lle dicimos NON ao acoso! 


12 mar 2016

O alumnado do IES Ponte Caldelas recolle sinaturas para que o ensino inclúa as mulleres en todos os campos de coñecemento


Através da plataforma Change.org o estudantado do IES Ponte Caldelas está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas coa que reclaman á Consellaría de Educación introducir a Historia do Feminismo no currículo escolar, así como as mulleres en todos os campos de coñecemento.
Le a nova en Sermos Galiza. 


Eu xa asinei a petición, e ti? 

Carta que o alumnado envía á Consellería de Educación: 

A Historia, a Filosofía, a Ciencia que se nos aprende no ensino obrigatorio é a dos varóns e faise extensiva ao relato da Humanidade. Autores, citas, imaxes, mapas conceptuais, feitos históricos, sempre aluden ao home como representante da nosa especie, desde o primeiro gráfico da evolución da Humanidade, nos libros de Ciencias Sociais de Primaria, ata as materias máis específicas que se cursan no nivel de Bacharelato. Nós sabemos que isto non é así: as mulleres sempre contribuíron ao progreso das ideas, das ciencias, da tecnoloxía e as artes en todas as épocas. Pero cando rematamos o noso período de ensino obrigatorio – e son 10 anos de formación- seguimos descoñecendo os seus nomes e as súas achegas.

Consideramos, por tanto, que existe  un grave desleixo na revisión dos programas académicos do ensino.  Agóchasenos a metade da Historia da Humanidade, tanto da que xa pasou, como da que está a suceder agora mesmo. Só se renovan algunhas imaxes nos libros de texto, pero o discurso non muda. Secuéstrasenos parte fundamental do coñecemento da nosa especie, o que contribúe a que nos formemos nunha escala de valores que nos fai inexorablemente machistas. E temos dereito a que se nos eduque na igualdade de xénero pero tamén na equidade de información.


Por iso, solicitamos con esta petición, que se inclúa obrigatoriamente, no ensino obrigatorio a Historia do Feminismo e a Muller en todos os campos de coñecemento. Queremos acceder a unha formación académica e intelectual acorde co retrato integral da nosa especie, no que mulleres e homes aparezan no mesmo plano de importancia.  Queremos que os nosos estudos nos procuren formación e instrumentos para construír e vivir nunha sociedade máis igualitaria.

5 feb 2016

18 dic 2015

Unha ducia de nomes para @s galeg@s do ano que vén

Pórlle nome a unha filla ou fillo é algo importante que cómpre pensar de forma detida. Ese nome será un elemento que a/o vai identificar ao longo de toda a vida, polo que ten certa importancia que a/o vincule coa súa orixe e a/o diferencie dentro da sociedade global e, para iso, escoller un galego é unha boa alternativa. Nomes hai moitos, e ben bonitos e orixinais! Aquí simplemente che damos unha ducia de ideas para que elixas ou propoñas a quen ten que elixir para @s nen@s do ano que vén. Entón, anímaste a que o seu nome sexa propio? Seguro que é un bo comezo! Ah! E bótalle un ollo a Apego.gal ;-)

12 dic 2015

Agasalla en galego

Agasallo.eu é unha plataforma en liña que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego para calquera época do ano.

Non é unha tenda en liña, senón un espazo que permite buscar suxestións por idade, prezo... e ofrece información detallada sobre o produto e onde mercalo.

As propostas organízanse en nove categorías: Libro, Música, Audiovisual, Xogos, Tecnoloxía, Téxtil, Experiencias, Alimentación e Outros. 



14 nov 2015

Abaixo os hipsters, arriba as boinas

Se o ano pasado o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces nos sorprendía co concurso fotográfico: " a lingua a flor de pel", este ano volve realizar unha campaña na que imaxe física e lingua van  unidas.

Le a nova completa no Sermos Galiza




27 oct 2015

Traducidos á nosa lingua os contos de terror de Chris Priestley



 Gústanche os relatos de terror? 


 O tío de Edgar vive nunha casa  alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo.
Un día, o tío de Edgar fascínao  cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos?
Pero non hai tempo para respostas. Á volta, Edgar ten que atravesar o bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra?
Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.