Lady Bug Note Generators
Mostrando entradas con la etiqueta Dinamización. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dinamización. Mostrar todas las entradas
29 ene 2017
20 oct 2015
21 sept 2015
17 jun 2015
16 jun 2015
Etiquetaxe, artigo gañador do XI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2015
O día que me
volvín falante consciente non calculei que iso implicaría converterme en
materia susceptible de etiquetaxe variada: catalogadora, simplificadora,
descritiva pero, sobre todo, prexuizosa. [galegofalante]
Pola lingua que
usaba supúxoseme unha orixe, unha filiación política e unha forma de ver a vida
estereotipada. [nacionalista]
O dano que
causan as etiquetas baseadas en prexuízos sófrese en moi variados ámbitos e
todas mancan dun xeito ou doutro. [minusválido, feminazi, maricalla]
A min foi así
como empezou a doerme a cuestión da lingua, sentíndome etiquetada.
A primeira vez
que alguén me preguntou por que falaba galego, tras a miña estupefacción pola
agresión á intimidade, respondín dando razóns polo miúdo. [prepotencia,
intimidación]
E continuei
dándoas ata que me decatei de que nunha cuestión en que entran en xogo os
prexuízos é moi difícil non ter que estar a rebater falacias de maneira
infrutuosa.
Os prexuízos
non son racionais, polo que non se dan eliminado axiña, precísase de moito máis
ca un argumentario intelixente e cómpre moito traballo de fondo para
erradicalos, de aí a tan necesaria a implicación de moitos e moi variados
ámbitos.
Cal pode ser o
motivo de que calquera persoa racional saiba apreciar que os coñecementos
suman, que dominar unha lingua é unha riqueza, e que esta non é un ser vivo que
vai facendo o mal por aí… e, con todo, se constate tanta acritude cara á
lingua? Como é que conseguen callar eses discursos da imposición? [bilingüismo
harmónico, trilingüismo, imposición]
Nunha ocasión,
unha alumna moi creativa confesoume que eu non lle resultaba nada gailana. Os
gailáns son os pailáns que por riba falan galego. [neoloxismo, gailán]
As etiquetas
sempre nos andan roldando aos galegofalantes. Hai por aí unha clasificación
popular que acollín con humor, inda que sexa triste, que divide os falantes en paleos
(de lingua materna) –entre os que se encontran os que mamaron a lingua
pero que a usan de xeito diglósico, e os conscientes–; e os neos
(de lingua aprendida) –nos que están os obrigados (radio, televisión,
política…), que non o usan na vida cotiá nin se preocupan por un mínimo de
rigor –os nonai, os choxuro e os ieu– e os neos
combativos. [paleofalantes, neofalantes]
Os paleos
conscientes e os neos combativos normalmente son os que máis reivindican
os seus dereitos e os que aspiran a unha vida normalizada. [*repunantes]
Coa ampliación
da familia decateime de que tamén acaba sendo materna a lingua da escola
infantil, dos iguais, da veciñanza… Agora, ás veces cando as fillas me falan
penso en como se debían sentir os emigrantes dos oitenta nesas pobres conversas
interxeracionais en lingua estranxeira. [lingua materna, diglosia]
No meu caso a
comunicación é efectiva, obviamente, pero non afectiva. E con isto gañei outras
etiquetas. [radical, intolerante]
Mais inda con
todo, o meu discurso cotián é positivo e traballo arreo para esborranchar
etiquetas. Cada persoa que reflexiona sobre a súa actitude cara á lingua grazas
aos meus esforzos é forza que sumo.
Ao final daquel
curso a palabra gailana desapareceu do idiolecto do grupo e a min deume
azos para seguir traballando por unha situación en que elixir vida en galego
non teña que doer. [etiqueta, prexuízo, daniño]
Luz Cures Vázquez
8 jun 2015
Grazas, Xabier!
A semana pasada estivo connosco Xabier P. Docampo, o autor de A illa de todas as illas, entre outras moitas obras.
El foi, sen ningunha dúbida, o autor máis interesante de todos os que visitaron o IES, porque ten un trato directo, próximo e falounos como a adultos e amigos.
Dende o comezo da quenda de preguntas, demostrou ser dinámico e divertido, xa que nos facía rir en cada resposta e era imposible aburrirse.
Contounos moitas anécdotas como a do seu primeiro día de escola no que decidiu que non volvía máis porque o mestre lle pegou, e tiveron que pasalo á escola de nenas. Rodeado de mulleres, segundo afirmou, aprendeu valores e cousas moi útiles para a vida.
Está seguro de que a súa profesión lla debe a seu pai que era un magnífico contador de historias e a súa nai que era unha namorada da lectura.
Está seguro de que a súa profesión lla debe a seu pai que era un magnífico contador de historias e a súa nai que era unha namorada da lectura.
Tamén nos dixo que había que ler, e que as linguas suman, nunca restan; por iso, quen sabe galego e castelán sabe máis có que só sabe falar unha delas.
Normalmente, nos encontros cos escritores, acábase a sesión porque non temos máis preguntas, pero neste caso non foi asi. Fixémoslle moitas preguntas porque tiñamos interese no que nos dicía, pero tivo que marchar para outro instituto.
Sen dúbida, o mellor encontro da miña vida cun escritor. Sorte na túa, Xabier.
Manuel Sánchez Abelenda, 2º ESO A.
Normalmente, nos encontros cos escritores, acábase a sesión porque non temos máis preguntas, pero neste caso non foi asi. Fixémoslle moitas preguntas porque tiñamos interese no que nos dicía, pero tivo que marchar para outro instituto.
Sen dúbida, o mellor encontro da miña vida cun escritor. Sorte na túa, Xabier.
Manuel Sánchez Abelenda, 2º ESO A.
18 may 2015
14 may 2015
CONCURSO EN TWITTER QUE SE VEXA! O GALEGO
1. Fai unha foto alí onde vexas o galego nun sitio que che guste, no que necesita ter maior visibilidade ou no que, desgraciadamente, non é do máis habitual velo.
[P. ex., no aviso dun ascensor, nunha pintada de declaración de amor na rúa, nun rótulo dun concesionario de coches ou nun anuncio de pizza]
2. Publícaa na túa conta de Twitter coa etiqueta #quesevexaogalego seguida dunha frase positiva relativa ao ámbito ao que pertence a foto. Debes facelo a partir do día 14 de maio ás 12.00 h e até o 20 tamén ás 12.00 h.
[P. ex., “Como me presta #quesevexaogalego no ascensor do meu edificio” ou “Gústame #quesevexaogalego tamén para xantar pizza”]
E haberá dous premios!
-Un para a autora ou autor do chío que cumpra os criterios do concurso e que máis rechíos teña o día 20 de maio ás 12.00 h. Anunciarase o gañador/a o mesmo día.
-Outro para o autor ou autora do chío que membros da directiva da CTNL consideren máis orixinal, positivo, etc. Vaia!, o chío que máis lle gustase a este xurado ;-). Anunciarase o/a gañador/a ao longo do día 21.
Cada un dos PREMIOS consistirá en:
-Dous discos: Tronzar os valos, de Ses e Lúas de outubro e agosto, d e Guadi Galego.
-Dous libros: En gale go, por que non?, de Manuel N. Singala e A República das Palavras, de Séchu Sende.
-Dúas chapas de Que se vexa! o galego.
Veña, anímate a facer Que se vexa! o galego ;-)
22 abr 2015
Que se vexa o galego!
Sumámonos á proposta da Coordinadora de Traballadoras e Traballadores pola Normalización Lingüística (CTNL). Nós tamén queremos que se vexa o galego!
17 abr 2015
Son de noso xa ten App!
Son de noso xa
ten App! Realizouna Vinicius Cámara de Souza Silva, alumno de 1º bacharelato e membro do ENDL.
Descárgaa en https://play.google.com/store/apps/details?id=com.son.de.noso
ou simplemente entrando en Google Play e poñendo Son de Noso- Vinny Css e
poderás acceder dende o teu móbil ao contido do blog.
19 feb 2015
10 feb 2015
Fain@ gozar coa lingua
(Información tirada de Agasallo. eu )
Hai mil maneiras de expresarlle, día a día, hora a hora, o amor á
parella. E, de vez en cando, tamén está moi ben facelo mediante un
detalle, unha sorpresa, un agasallo. E o 14 de febreiro pode ser, por
que non, unha data estupenda para facelo ;-)
Aínda que orixinariamente occidental, o Día d@s Namorad@s, San Valentín, foi estendido a boa parte do mundo. Dise que este día as persoas namoradas levan algunha prenda encarnada e, ademais, fanlle un agasallo a aquela persoa que queren. E nós propomos que, de facerse, se faga en galego, claro! E é que agasallar en galego é unha boa maneira de facer gozar coa lingua, non? :-P
Algo doce, como chocolate ou semellante? Pode ser unha frecha de chocolate con poema, como a que propón Fina Rei, ou calquera outra delicatessen como as de Catrineta ou Carabuñas. Ou un vermú! Boa idea, sempre é, claro, un libro, un disco ou audiovisual, e aquí ofrecémosche unha boa selección. E camisolas! Témolas, por exemplo, con identidade propia, como as de OZOCOgz ou Ovisio, ou éticas e ecolóxicas, como as de Cestola con Cachola, entre outras. E unha bolsa ou mochiliña? Ou un vinilo para decorar a casa! Xa está, unha pintura orixinal! Ou unha subscrición a un medio en galego. Ou calquera outra cousa por aí!
Así que, xa sabes, este 14 de febreiro fain@ gozar coa lingua!
Aínda que orixinariamente occidental, o Día d@s Namorad@s, San Valentín, foi estendido a boa parte do mundo. Dise que este día as persoas namoradas levan algunha prenda encarnada e, ademais, fanlle un agasallo a aquela persoa que queren. E nós propomos que, de facerse, se faga en galego, claro! E é que agasallar en galego é unha boa maneira de facer gozar coa lingua, non? :-P
Algo doce, como chocolate ou semellante? Pode ser unha frecha de chocolate con poema, como a que propón Fina Rei, ou calquera outra delicatessen como as de Catrineta ou Carabuñas. Ou un vermú! Boa idea, sempre é, claro, un libro, un disco ou audiovisual, e aquí ofrecémosche unha boa selección. E camisolas! Témolas, por exemplo, con identidade propia, como as de OZOCOgz ou Ovisio, ou éticas e ecolóxicas, como as de Cestola con Cachola, entre outras. E unha bolsa ou mochiliña? Ou un vinilo para decorar a casa! Xa está, unha pintura orixinal! Ou unha subscrición a un medio en galego. Ou calquera outra cousa por aí!
Así que, xa sabes, este 14 de febreiro fain@ gozar coa lingua!
13 ene 2015
Que sabes da Terra de Melide?
Supoñemos que moito, con tantas visitas o sábado pola noite... Agora tes ocasión de demostrar todos os teus coñecementos. Descarga o Trivial da Terra de Melide, unha aplicación para smartphones e tablets co
sistema operativo Android que é totalmente de balde e recolle 200 preguntas
sobre o medio, a cultura e a sociedade, a arte, a historia e os personaxes
célebres dos concellos de Melide, Toques e Santiso. Comeza o xogo!
6 dic 2014
Caxade, Manuel Rivas, Mercedes Peón, Guadi Galego, Morris... son algúns dos convidados que hoxe podemos ver no Culturgal
Culturgal, a feira da Cultura Galega está a desenvolverse, como cada ano, no Pazo da Cultura de Pontevedra. Consulta o programa e sigue en estreaming moitas das actividades desta edición.
26 nov 2014
10 nov 2014
Eu digo...
“Eu digo... é unha reacción solidaria e cómplice a “Ghalegho”, onde hai unha alusión a Ribadeo que non quixemos deixar pasar sen máis por diante da porta.
Eu digo: camiois e pantalois, camín e padrín...
Nosoutros falamos así e seguro que en Vila de Cruces ou Moaña din doutro xeito, pero todo é galego. A nosoutros gústanos o galego con todas as variantes. Estamos orgullosos do galego".
E como dicimos en Curtis, rapaces? Noelia Gómez Calvo, autora de Ghalegho, afirma: "temos que faser que se convirta no novo leghado do Tibu!" Vai o envite?
30 oct 2014
Obradoiro de medo dende A Pobra do Caramiñal
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEP Pilar Maestu Sierra (A Pobra do Caramiñal) déixanos este Obradoiro de medo 2014. Parabéns e grazas por compartir.
29 oct 2014
26 oct 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










