Lucía Penas, de 1.º de bacharelato, déixanos unha recensión sobre a súa cantante favorita.
María Xosé Silvar, Sés, para os amigos é a líder do grupo de blues-rock que leva o seu nome. Vencellada dende sempre á nosa música e baile tradicional, é mestra de pandeireta na Coruña, e licenciouse en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social.
Xunto con tres amigos formaron Chámalle Xis! Un dos grupos revelación no 2007 (ano da creación) do concurso Acoruña Son. Despois de máis de trinta concertos e de diversas colaboracións con diversos grupos, crea o seu primeiro álbum.
En xullo de 2011 publicou o primeiro disco da banda, Admirando a Condicción, composto por temas dela ó 100%. A banda de Sés está formada por dez músicos de corte americano: Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez (coros), Miguel Queixas (bateria e percusións), Tito José Calviño (guitarras), Octavio Vargas (baixo), David Paz (saxso), José Rodríguez (saxo e frauta traveseira), Moncho Ces (trompeta) e Cristian Leggiero (piano e teclados).
Admirando a Condición, é o tema que me leva a estar aquí, contándovos sobre esta gran artista galega, na caixa do seu CD, Sés define este traballo como :
"Admirando a Condicción é unha mirada irónica, o contexto que moitas sobrevivimos. É un berro que ás veces sal porque estamos fartas, abraiadas, anoxadas ou afogadas e, outras, porque estamos ledas ou temos o día gharboso. Mais, basicamente, é unha presiña de cancións. […]".
"A música é o que a min máis me gusta nesta vida, desde que nacín", di Sés, unha cantautora ecléctica que lle pega a todos os estilos e canta o que lle cadra, pero sempre en galego, porque é como lle sae.

No hay comentarios:
Publicar un comentario