Mostrando entradas con la etiqueta Linguas minoritarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Linguas minoritarias. Mostrar todas las entradas

29 jun 2014

Da utilidade práctica do idioma galego

Xosé Luís Méndez Ferrín, El Faro de Vigo, 27/06/2014


Acabo de ler, neste mesmo xornal, un artigo no que se afonda nun tópico ben coñecido. Este é: o ensino das "lenguas regionales de España", ou sexa, galego, vasco e catalán, opera contra o desenvolvemento económico e contra o progreso das comunidades respectivas. A persistencia de tal construcción ideolóxica é sorprendente.
Os vascos e os cataláns son os, digamos, españois máis ricos e prósperos. En Euskadi e en Cataluña é, de todo o territorio do Estado español, onde máis se insiste no ensino das linguas nacionais. Se a protección institucional do vasco e do catalán desfavorecese o desenvolvemento económico de Euskadi e Cataluña, serían estes uns territorios e poboacións pobres. Se o ter como lingua só o castelán ou "español" favorecese a opulencia, daquela ambas Castelas, Estremadura, Andalucía, Murcia, serían as máis ricas. E así non é.

 

Le o artigo enteiro en El Faro de Vigo

18 dic 2012

Parabéns para Tuenti!

A vosa rede social favorita recollerá mañá mércores, 19 de decembro, no Pazo da Pedreira en Pontevedra, o premio Abertos ao Galego co que a Mesa distingue a aquelas empresas que promoven o uso da nosa lingua.

Aínda que Tuenti ten a súa sede en Madrid, conta no seu cadro de persoal con traballadores galegos e incorporou dende hai anos o galego como unha opción normal na que miles de mozos e mozas se expresan cada día sen complexos.

29 abr 2012

Que teima co inglés!

Patricia Ryan, profesora do British Council, que imparte clases de inglés en Dubai dende hai máis de trinta anos, formúlase distintas preguntas e achega as súas consideracións sobre a moda que levou nos últimos anos a converter a aprendizaxe do inglés nun gran negocio internacional.

Un documento que nos convida aos pais e nais, docentes e alumnado á reflexión.