Mostrando entradas con la etiqueta Audiovisual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audiovisual. Mostrar todas las entradas

29 may 2017

Onde hai unha biblioteca hai unha luz

Magnífico traballo de Alicia Seoane Freire no que recrea un dos textos máis coñecidos de Agustín. Boa parte das imaxes son de autoría propia. Parabéns e grazas polo interese e o compromiso.

5 mar 2017

Son curtas: Momentos captados dunha realidade xa inexistente

Antía Prado (4º ESO) recoméndanos unha curta na que temos ocasión de ver a unha Sheila Fariña menos coñecida ca na actualidade.

Título: Momentos captados dunha realidade xa inexistente
Director: Pablo Cacheda
Produtora: Carmen Rey
Ano: 2009
Actores: Rubén Prieto e Sheyla Fariña
Xénero: Suspense, Romántica
Duración: 7 minutos

Sinopse: Diego é un apaixonado da fotografía. Fotografaba todo o que vía, tanto unha flor, coma unha mazá... e sempre lle gustaba levar eses detalles consigo para ver como pasaba o tempo sobre eles mentres que na imaxe seguían intactos. Un día coñece a Adriana e namóranse, pero ela fai o que non tiña que facer: entrar na casa dese home... O final sorprende por inesperado. 



10 feb 2017

Son curtas: O noveno principio

Marcelo Familia Peña, de 4º de ESO, recoméndanos unha curtametraxe de suspense cun elenco de actores ben coñecidos. 

Título: O noveno principio

Director: Iván Seoane

Produtores: Antonio Mourelos, Antón Reixa

Ano: 2009

Actores: A. Durán “Morris”, Gonzalo Uriarte, Monti Castiñeiras, Roberto Vilar, 

Luis Iglesia, Marcos Viéitez, Isabel Vallejo, Miguel Pernas.

Duración: 20 minutos 

Sinopse: Ambientada na Alemaña de 1944, logo do atentado de Hitler. Os 

mandos da SS non queren que a noticia saia á luz e idean un plan para que a 

xente saiba que Hitler segue vivo. Pero, por desgraza para eles, as cousas 

non sempre saen como un quere. 


3 feb 2017

Son curtas: A danza de Katiuska

Verónica Martínez Miraz (4º ESO) recoméndanos unha curta de hai case vinte anos,  pero na que Alfonso Zarauza e Luís Tosar xa apuntaban maneiras! 

Director: Alfonso Zarauza
Ano: 1998
Xénero: comedia, romántica
Actores: Luís Tosar e Ursia Gago
Duración: 10 minutos

Sinopse: Unha noite de verán, un rapaz anarquista chamado Celestino chega a onda Katiuska e dille que ten unha cousa importante que dicirlle. Esa cousa tan importante é pedirlle que baile para el, xa  que pode ser a última noite que o vexa. Celestino ten unha encomenda moi especial: debe asasinar un ministro.

30 ene 2017

Son curtas: Cores

Marcelo Familia Peña (4º ESO) selecciona para nós unha curta que conta no seu haber con distintos premios e que resulta moi acaída para esta data na que celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz. 

Título: Cores

Director: Jairo Iglesias

Produtor: Mikel Fuentes

Ano: 2007

Actores: Vicente de Souza, Alberto Rolán

Duración: 6 minutos

Sinopse: Ambientada na guerra civil, pon de manifesto o absurdo de todas 
as guerras. Un soldado loita sen saber por que, con quen e para que. 


22 ene 2017

Son curtas: A subela

Lucía Martínez, de 4º ESO, recoméndanos unha curtametraxe de Luís Avilés.

Título: A Subela 
Director: Luis Avillés 
Ano: 2002
Actores: María Bouzas, Xabier Fornos, Xose Olveira, Pico 
Duración: 22 minutos

SINOPSE: O protagonista é un zapateiro galego e solitario que ten unha vida monótona. Vive a súa sexualidade dunha forma particular e bebe os ventos por unha prostituta que vive no piso do lado. O final é inesperado. 


A SUBELA from Luis Avilés Baquero on Vimeo.

21 jun 2016

Son curtas: Entrecans

Elvira Romero, de 4º ESO, recoméndanos a curta da semana. 

Título: Entrecans
Director: Mario Roldán
Produción propia 
Ano: 2015
Actores: Mario Roldán, Uxía Arias, Marta Raxo, Marta Carreira, Jesús Vila, Luis.A Rodríguez, Dani Mellow, Rafael Varela, Bulogio Martínez, Julio Rodríguez 

Sinopse:
Unha mañá calquera, un home non ten pensado pasar o que ía ser o peor día da súa vida. Nunha vida literalmente de cans, el é diferente, e tera que afrontar distintas situacións que non o levarán por moi bo camiño... Esta curtametraxe está, dunha maneira irónica, moi enlazada coa sociedade actual.


16 jun 2016

Son curtas: As xoias da Sra. Bianconero

Mencía Corral, de 4º ESO, recoméndanos esta semana As xoias da Sra. Bianconero, "cine mudo acabado de facer". Unha peza curiosa, dirixida e protagonizada por un elenco dos nosos mellores actores e actrices, que, con vinte e dous anos menos, xa apuntaban maneiras. 

Título: As xoias da Señora Bianconero
Director: Jorge Coira
Produtor: Jorge Coira e Luís Tosar
Actores: Luís Tosar, María Bouzas, María Pujalte, Quico Cadaval, Evaristo Calvo, Patri de Lorenzo, Víctor Mosqueira, Antonio Pereira e Sonia Balsa
Ano: 1994
Sinopse:
A historia parece interminable para o criado da casa. A señora Bianconero organiza unha festa onde expoñerá a súa nova colección de xoias, á que o camareiro non chega a tempo por mor dunha decepción amorosa.
Ao longo da celebración, o pobre home axúdase do alcohol para liberarse daquela penuria. A chegada da súa amada acompañada doutro home, ocasiona un conflito que lle xoga unha mala pasada ao camareiro.

A escuridade tenta cubrir a verdade, pero un golpe a tempo faina saír á luz.

14 jun 2016

XI Mostra Internacional de Cine Etnográfico

Dende hoxe, e ata o 18 de xuño, o Museo do Pobo Galego celebra a XI Mostra Internacional  de Cine Etnográfico. Nesta edición proxectaranse 20 filmes entre os que teremos ocasión de ver producións galegas como  Fíos fóra, Tesouro de Corcoesto, A Seara ou Os días afogados. 

Museo do Pobo Galego

Programa

12 jun 2016

Son curtas: Tourettes

Marina Miraz Amenedo, alumna de 4º de ESO, recoméndanos esta semana Tourettes.

Título: Tourettes
Director: Martin Fiallega
Guionistas: Martin Fiallega e Victoria Ulloa
Actores: Marcos Correa, Isabel Risco, Inaki Cid Iglesias, Iria Matías Basteiro, Jose Vaquero, Cristina Rodríguez Bande, Lola Figueiras, Paco de Quintá e Sixto Gómez González 
Ano: 2011
Duración: 18:18 
Sinopse: Max e Noe son dous rapaces con síndrome de Tourette. Cando Max era tan só un rapaz imaxinaba que os seus tics eran unha especie de superpoder. No momento en que coñeceu a Noe e descubriu que ela tamén tiña ese “don”, deuse conta de que estaba namorado dela. A súa relación lévaos a tomar unha serie de decisións que lles cambiarán a vida.


Tourettes from Canle Catro on Vimeo.

7 jun 2016

Suicidio

María Vaamonde, alumna de 4º de ESO, recoméndanos esta semana unha curta de Poetarras. 

POETARRAS: Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde.
ANO: 2013
DURACIÓN: 3 minutos
SINOPSE: 
Un amigo intenta axudar a outro ao que a moza acaba de deixar. Para iso, levao a praia, alí pasean e a pesar do frío vanse meter na auga pero aínda non pasaran as dúas horas de dixestión...
Cando a vida deixe de ter sentido e queiras rematar con todo, simplemente esquece as palabras de túa nai.

3 jun 2016

Son curtas: Conversa cunha muller morta

Mencía Corral, de 4º ESO, recoméndanos esta semana unha curta de Sonia Mendez, galardoada en diversos festivais, e Mestre Mateo á mellor curta de ficción 2013. 

Título: Conversa cunha muller morta
Director: Sonia Méndez
Produtor: Oroboro films
Actores: Camila Bossa e Luis Zahera
Ano: 2011
Duración: 14´
Sinopse:
Despois de 15 anos no cárcere, Luis volta á súa casa. Nada semella como antes e o único que o rodea son os recordos. Entre eles, reaparece Helena, a súa muller á que el asasinara e que agora xorde coa intención de pedir explicacións, aínda que non consegue resposta.

Malia darlle unha oportunidade e non obter nada a cambio, hai unha cousa que lle vai deixar moi clara ao seu home: que goce da vida que lle queda, porque logo agárdao un tempo convulso. 


1 jun 2016

Masculino singular, unha lectura imprescindible

Just for men from Antía Otero on Vimeo.


Imaxe: Antía Otero
Música: Federico Flesfa
 Letra: Masculino Singular de Carlos Negro

 " Cando Carlos Negro me propuxo facer un videopoema partindo do seu último libro, tiven claro que tería que crear un contexto. Un marco que non convertise os seus versos nun pretexto, senón no motor.
Estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha vez sobre o mesmo. Isto foi o pensamento que nos acompañou a min e ao músico Roberto Casteleiro, quen nalgún dos seus traballos asina como Federico Flesfa:
Rober, estamos tan acostumadas a esquecer, que perdemos a posibilidade de pensar máis dunha ver sobre o mesmo. Lanzáronnos tantas veces a idea da igualdade sen crear estratexias reais de fondo, que rematou sendo burbulla....pero o peor é que cando alguén nos enuncia as realidades, como o fai este libro, as nosas cabezas sistemáticamente pensan niso como nalgo que non é novo, que xa temos escoitado. Unha opción, cando menos, estrana pola nosa parte. Un filtro falso que fai que todo siga e non mude. Precisamos un contexto. Non pode haber ilustración. Só código. 
TRAP?
RAP?
Non, TRAP
E comezamos o mergullo. Pasamos semanas pensando na estética swagger, na mistura do look hiphop, reggaetón e electro. A diferenciar entre o TRAP Americano do que se fai no Estado Español. O culto ás marcas, aos videoxogos, aos emoticonos, aos gifs, ao Instagram, ao Youtube, as repeticións, os cambios de ritmo.
Reivindícanse como grupos que non cren nas discográficas, asociadas para eles ao mainstream do RAP e do HipHop, e empregan as redes para chegar ao seu público: “O TRAP é a música da rúa, o día que perdamos ese contacto xa podemos sacarnos disto”-din. Un discurso que asinaríamos en canto a contracultural se refire, se non fose porque as súas letras están cargadas do mesmo subtexto ao que estamos acostumadas que suceda século tras século: cosificación, misoxinia e machismo. A memoria do peixe aparece de novo". 

( Antía Otero )

29 may 2016

Guadi Galego: Chea de vida

Música de Guadi Galego e animación de Carlos Lago, o desbrozador de Camposancos. 


28 may 2016

Son curtas: Cores

Sergio Vázquez, de 4º ESO, tráenos esta semana unha curtametraxe de Jairo Iglesias que conta no seu haber con múltiples recoñecementos; entre eles, o Mestre Mateo 2006. 

Título: Cores
Director: Jairo Iglesias
Produtora: Mr Misto
Actores: Vicente de Souza, Alberto Rolán
Sipnose: 
Dous soldados de distinto bando enfróntanse durante a guerra civil. Un deles corre polo monte perseguido polo seu adversario. Ten un pano roxo que simboliza o seu bando, pero el é daltónico e víao verde.
O absurdo das guerras ponse de manifesto ao longo dos seis minutos de duración da curta. 


27 may 2016

Baio, convértese esta fin de semana no novo Cans



Baio será esta fin de semana a capital do audiovisual. E todo iso grazas á asociación cultural Adro que, a través do I Premios Fouciño, homenaxean a un grupo de rapaces e rapazas de Baio e da súa contorna gravaron entre os anos 1995 e 1999 o que sería a primeira curtametraxe da Costa da Morte. O título da obra era “Fouciño sanguento”










22 may 2016

Tres cans de pedra para Lurna!



Recollendo cadanseu can de pedra por Lurna, Ana Seoane, Nani Matos e Manu Conde.


Parabéns polo labor ben feito! Arrinca con bo pé a que, de seguro, ha ser unha cumprida traxectoria de éxitos.  

O xurado da XIII edición do Festival de Cans, formado por Dani de la Torre, Belén Constenla, Manuel Jabois, Helena Miquel, Nacho Castaño e Ana Cermeño, acordou, despois do visionado das curtametraxes a concurso e a deliberación, outorgar os seguintes premios:

Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe, dotado cun Can de Pedra, para Lurna, por reflexar unha realidade social triste de algo que percibimos a diario como son os problemas de inmigración e por contalo e máis a forma na que está contado.

Premio do xurado á mellor actriz, cunha dotación de 250€ e Can de Pedra, para Diaryatou Daff por Lurna, por expresar simplemente coa súa mirada moitas cousas nunha interpretación moi complexa e contida. Así como a autenticidade na súa interpretación.

Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal, dotado cun Can de Pedra, para Lurna de Manu Conde. O xurado salientou que se trata dunha banda sonora que fusiona matices étnicos e moi ben integrados co relato, e que funciona moi ben dramáticamente.