19 abr 2012

Novo espazo web con información musical

Se hai poucos días nacía Anacos sonoros, unha nova proposta de culturagalega.org na que José Casás e Silvia Corral seleccionan para nós unha mostra da oferta musical da semana en Galicia, agora sae á luz un novo espazo web que achega información sobre todo o que acontece na música do país.
GZMusica.com inclúe novas e crónicas sobre festivais, novidades, concertos... de música en galego, así como un completísimo cartafol alfabético de grupos e solistas de todos os estilos.
Na axenda da web podemos informarnos dos eventos previstos para hoxe, esta semana ou este mes e permítesenos, asemade, facer unha busca por concerto e comarca.
Convidámoste a mantéreste informado a través dos enlaces que aparecen na pestana Música do noso blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario