Se o que vos gustan son as series, documentais e películas americanas, pero o voso dominio do idioma non vos permite gozar delas, podedes velas subtituladas en galego grazas á iniciativa de dous estudantes de primeiro curso do Grao de Enxeñería Informática da USC.
A páxina que veñen de poñer en marcha: subtitulosengalego.com, está en fase de desenvolvemento e conta, de momento, cun número reducido de títulos; entre eles: Rounders, Ghost ship, Slumdog millionaire, Resident Evil 3, Avatar ou O Padriño.
Parabéns aos responsables por esta fantástica iniciativa que, de seguro, ha ser celebrada por todos os cinéfilos que gustan das versións orixinais subtituladas.
Parabéns aos responsables por esta fantástica iniciativa que, de seguro, ha ser celebrada por todos os cinéfilos que gustan das versións orixinais subtituladas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario