20 nov 2012

Chulas de cabaza



Sergio Manteiga Sánchez, de 1º ESO A, déixanos unha recita propia destas datas:
 
Ingredientes:
- 1kg. de polpa de cabaza
- 200grs. de fariña
- 250 grs. de azucre
- 6 ovos
- Aceite de xirasol
- Un chisco de sal
- Azucre moído ou canela

 
Preparación:
Cortar a cabaza en cachos grandes e cocela en auga fervendo con sal (uns 10 ou 15´). Quitala e poñela nun coador grande. Cando arrefríe, aplastala coa man para que solte a maior cantidade de líquido posible. Bater os ovos co azucre, mesturar a fariña e bater ben. Engadir a cabaza e picar todo coa batedora, ata conseguir unha masa líquida e homoxénea. Preparar un prato ou fonte cuberta con papel de cociña. Nunha cazola baixa ou tixola poñer a quentar a lume medio bastante aceite. Logo ir fritindo pequenas cantidades de masa botándoas no aceite cunha culler. Cando estean ben fritidas, sacalas e deixalas sobre o papel de cociña para que perdan o aceite sobrante.
Servilas mornas, botándolles azucre moído ou canela por riba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario