18 nov 2012

A Santa Compaña

Os nosos agradecementos a Lucía, a avoa de Andrea Juncal Mosquera de 1.º ESO B, por contarnos que é a Santa Compaña.

A Santa Compaña é unha procesión de almas mortas que vagan en pena. Cada unha delas leva unha vela que vai deixando rastro de cheiro a cera ou incenso. Encabeza a procesión unha pantasma maior, a Estadea, que leva unha cruz e un caldeiro de auga bendita. Din que soe ser unha persoa viva que, por algún motivo, lle tocou o castigo de vagar ata que morra ou consiga pasarlle a cruz a outro.
Soe andar cerca dos camposantos para reclamar a alma dalguén que vai morrer pronto no contorno. No caso de que se che apareza algún día, non se che ocorra nunca coller unha das velas, xa que, nese caso, condenaríaste a formar parte da procesión. Para liberarte dela, son diversos os rituais aos que podes recorrer:  
- Apártate do camiño e fai que non a ves.
- Fai un círculo no chan e, dentro del, a estrela de Salomón ou unha cruz e métete no interior do círculo.
- Tírate boca abaixo e agarda sen moverte ata que pase.
- Con todo, a recomendación máis lóxica é botáreste a correr o máis rápido que poidas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario