1 dic 2016

Sumámonos á iniciativa de Youtubeir@s para rebordar a Rede de vídeos en galego

"Incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes máis empregadas no mundo e incitar e facilitar que todas as persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos". Ese é o obxectivo fundamental de Youtubeir@s, un concurso de vídeos na internet que impulsan os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e máis dos concellos da Coruña, Ames, Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove.

Yourubeir@s comezará hoxe, 1 de decembro, e o prazo de presentación de vídeos prolongarase ata o 28 de abril. Tal e como se explica no propio vídeo de presentación, poderanse presentar persoas maiores de 14 anos que deberán formalizar a súa inscrición en liña. 

Ademais, os vídeos deberán ter unha duración aproximada de cinco minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e estar dispoñibles na rede social YouTube. 

Alén disto, quen optar ao concurso poderá concorrer en dúas categorías: Vídeo-facermos, destinado a videotitoriais que amosen como realizar calquera proceso (dende unha receita ata como instalar un programa informático), e Vídeo-opinarmos, para aquelas propostas que acheguen unha opinión ou valoración respecto de calquera tema. 

Cada unha destas categorías premiarase cun premio en metálico de 1.000 euros e catro mencións honoríficas de 500 euros. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario