17 feb 2017

Son curtas: Dous días dicen

Antía Prado (4º ESO) recoméndanos unha curtametraxe -realizada en tres días- que ofrece unha bonita panorámica da cidade de Lugo; con razón foi gañadora do primeiro certame de curtas Lugo10.

Título: Dous días dicen
Director: Andrés Goteira
Productores: Andrés Goteira e Laura Doval
Ano: 2010
Duración: 11 minutos
Xénero: Drama romántico
Actores: Miguel Freire, Roberto Bartolomé, Natalia Vega.

Sinopse: Tres pequenas historias compoñen esta curta ambientada na cidade de Lugo. Un home coñece a unha muller e namórase dela. A muller enferma e ten que ir para o hospital, onde  lle comunican un próximo e fatal desenlace. El cúmprelle o desexo de ver a cidade dende unha avioneta. A perda deixaralle un baleiro de amor. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario