Os alumnos e alumnas
de 4º da ESO e 2º de FP Básica fomos de
excursión a Santiago, acompañados das nosas profesoras de galego. Ás dez xa
estábamos en Compostela listos para ir ao teatro, pero como a obra non comezaba
ata media hora máis tarde estivemos pasando o tempo nunha cafetería que hai
cerca do Auditorio. Unha vez alí vimos a representación teatral dun dos libros
que leramos na clase, Cousas de
Castelao. A adaptación dramática realizada polos Quinquilláns recollía cinco “Cousas”
que identificamos con facilidade; estaban enfiadas entre si e con outras partes
do libro, o que o facía máis interesante.
Ao rematar o teatro
fomos rapidamente ata a Praza do Obradoiro, onde nos esperaba José, un guía
turístico que nos fixo un percorrido guiado polas prazas máis fermosas do casco
histórico: Obradoiro , Acibechería, Praterías e Quintana; dende alí, continuamos ata a alameda e o monumento ás
Marías. Como iamos escasos de tempo tivemos que botar unha pequena carreita ata
o autobús, pero a xornada pagou a pena.
No hay comentarios:
Publicar un comentario