Juan Fandiño, profesor de Química, déixanos un
enlace ben interesante. Bótalle unha ollada que paga a pena!
As ferramentas sobre as que constrúe o funil.gal son
basicamente dúas: un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e
unha serie de vídeos onde se visualizan dun xeito ameno os procedementos, as
técnicas e o desenvolvemento práctico no laboratorio de química xeral.
O proxecto, segundo os seus autores, pretende transmitir
coñecemento e destrezas, pero tamén actitudes e valores, ademais de dotar a
lingua galega de novas ferramentas para o ámbito científico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario