Recitamos a Celso
Emilio. Esta semana comezou a gravación polas aulas e talleres do noso centro e
o mércores 12 do 12 do 2012 remataremos cun recitado colectivo do alumnado de
1º e 2º ESO.
Son moitos os
centros de Galicia que se sumaron á homenaxe promovida pola CGENDL para
conmemorar o centenario do nacemento dunha das figuras senlleiras da nosa
literatura. Todos, neste acto colectivo, queremos simbolizar a forza e enerxía que
transmite a palabra de Celso Emilio Ferreiro, símbolo permanente de valores de solidariedade e
xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e a lingua de
Galicia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario