Para rebaixar a tensión de tanto exame, este luns facemos hip- hop e títeres. Artes plásticas e música únense no obradoiro de dinamización lingüística FalaRedes. A el asistiremos os alumnos e alumnas de 1º bacharelato de 16:00h a 18:00h no Salón de Actos.
Benvido outra vez ao centro, García, e benvidos tamén os monicrequeiros de Viravolta, aos que teremos ocasión de coñecer.
A ver como anda a inspiración... En breve, poderedes oír o resultado das nosas magníficas e ben afinadas voces.

No hay comentarios:
Publicar un comentario