Entre o desacougo e a indignación lin o segundo borrador da LOMCE,
o texto co que o Partido Popular pretende dinamitar o modelo de escola
pública acuñado pola LOXSE. Ademais da rebaixa do estatus para as
materias de galego, catalán e éuscaro, medida que entendo de moi
dubidoso encaixe constitucional, analizada con todo detalle no magnífico texto de Prolingua,
a LOMCE desmonta os principios claves da organización, participación e
funcionamento das comunidades educativas, volvendo a modelos
centralizados e xerarquizados, así como amplía a seis anos a duración
dos concertos educativos cos centros privados. O novo estatus da
Relixión e a desaparición da Educación para a Cidadanía e os Dereitos
Humanos (Cívica e Constitucional) son outros elementos desta desastrosa
contrarreforma baseada de pé a pa nos principios que José Ignacio Wert defendeu nunha reunión de FAES en 2010 sobre
a «axenda de reformas» a desenvolver polos conservadores. Na educación a
receita parece clara: máis español, máis inglés, máis relixión, máis
privatización. A LOMCE non é un azar, non.
Blog Brétemas, de Manuel Bragado

No hay comentarios:
Publicar un comentario