O poder dos
consumidores é moito, sen embargo, non se fai uso del para esixirlles ás
marcas comerciais maior responsabilidade social identificándoas na
nosa lingua. Os consumidores galegos deber condicionar a oferta pola
vía da preferenza daquelas ofertas que etiquetan no noso idioma. Desta
maneira practicaremos unha pedagoxía galeguizante. Os consumidores
deben tomar a decision resolta no momento de faceren as compras. Deles
depende que as nosas estruturas agrarias e industrias transformadoras
sexan viables e competitivas. Se non somos conscientes do poder que
temos, perderemos soberanía alimentaria e identidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario