Buxaina, bailarete, peón... diversas son as denominacións dun xogo tradicional que a moitos nos trae recordos da infancia.
No IES de Curtis celebraremos o venres, día 16, o Día do peón e agardamos que sexan moitos os pais, nais e membros da Comunidade Educativa que se unan á festa e nos amosen as súas habilidades no xogo.
Dende aquí, animámosvos a todos a participar tamén nos concursos de: colares de zonchos, sobremesas típicas da data, imaxes do outono curtiense, cabazas do Samaín e cestas de cogomelos.
Grazas a Alberto, pola exposición e o cartel, e a Pepa por unha magnífica charla na que nos deu a coñecer os cogomelos dos nosos montes.
Consulta as bases
Cabazas do Samaín
Sobremesas
Colares de zonchos
Cogomelos

No hay comentarios:
Publicar un comentario