
Os rapaces e rapazas de 1º e 2º ESO participamos nunha nova edición da carreira organizada para promover o emprego da nosa lingua. O pasado venres, 5 de maio, collemos as nosas pancartas e, xunto con outros centros da comarca, expresamos o noso desexo de que a presenza do galego na nosa realidade cotiá sexa cada ano un pouco maior . A imaxe do Correlingua deste ano lembraba claramente ás letras do máis famoso buscador de Internet (Google), acompañada dun lema:
Galego. Todo o que buscas.
Despois de percorrer as rúas da cidade da Coruña chegamos á torre de Hércules. Alí puidemos asistir á actuación da actriz Iria Sobrado e a un concerto dun grupo musical que puxo o punto final á festa da lingua.
Ata o ano que vén!
No hay comentarios:
Publicar un comentario