11 may 2012

Felicita o 17 de maio con música e fai que o galego se oia en todo o mundo

Galegolab promove a segunda edición do Agasallo sincronizado para o mundo co obxectivo de que o día 17 de maio a lingua galega se oia nos cinco continentes.
Para iso, a comunidade internauta deberá mandar un correo cunha canción na nosa lingua. A proposta non é facer spam (envíos masivos e indiscriminados de correos electrónicos), sinalan os responsables da mobilización, “senón ofrecerllo de xeito agarimoso a quen o saiba apreciar”. Deste xeito “quen reciba o correo e escoite a canción compartirá un xesto repetido milleiros de veces ao longo de moitos quilómetros.
Animádevos a facer a propia versión da partitura común que vos deixamos a seguir e subídea a Youtube. Aqueles e aquelas con menos dotes musicais, poderán escoitar as distintas achegas que se atopan na rede, elixir a versión que máis lles guste e enviárllela a aquelas persoas ás que queiran demostrarlle o seu agarimo.



Esta é a versión feita o ano pasado polo alumnado do IES Salvaterra de Miño, pero a oferta é variada: Toñito de Poi, As Garotas da Ribeira, Monti Castiñeiras, Hugo Torreiro, Os Mordecáns, o CEIP de Pazos...



No hay comentarios:

Publicar un comentario