12 may 2012

Citas culturais do mes: Cans e Festiletras

Quen dixo que a cultura está ligada ao ambiente urbano?
Dúas das citas culturais máis importantes deste mes desenvólvense en aldeas. Do 16 ao 20 de maio no Couto (Ponteceso), podes asistir ao Festiletras. Literatura, teatro, música e humor van da man a cargo de: Kepa Junquera, Quico Cadaval, Celso Fernández Sanmartín, Xurxo Souto, Guadi Galego e Xabier Díaz, Isabel Risco, Xosé Lois Romero, as Cantareiras de Ardebullo, o Mago Antón, Xabier P. Docampo, Xosé Neira Vilas, Fran Alonso e Xosé Mato Fondo, ademais de todos os veciños e veciñas do lugar.

Logo dun descanso reparador, do 23 ao 26 nova cita cultural: Cans (O Porriño) agárdate co seu agroglamour para movéreste entre o máis florido da escena galega. Longametraxes, curtametraxes, documentais, videoclips, encontros con directores e directoras e máis de 20 actuacións musicais. Entre elas: Xoel López, Banda Crebinsky, Sonoro Maxín, Aerolíneas Federais e un longo etc.





No hay comentarios:

Publicar un comentario