28 feb 2012

Probas de avaliación de competencias clave de lingua galega


A Xunta de Galicia convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego. Entre as diferentes probas, convócanse tamén as de comunicación en lingua galega.

-Prazo de presentación de solicitudes: até o 2 de marzo.
-Data de realización das probas de lingua galega de nivel 2: 14 de abril ás 10.00 h.
-Data de realización das probas de lingua galega de nivel 3: 15 de abril ás 10.00 h.
-Lugar de realización das probas: recinto feiral de Silleda.

A convocatoria completa está publicada no DOG do 17 de febreiro.

*Nota: estas competencias clave non teñen equivalencia cos Celga é só teñen validez para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade da Xunta de Galicia.

Fonte: CTNL

No hay comentarios:

Publicar un comentario