Parabéns ao noso ex alumno Manuel Seoane que estes días toca ante máis de 700.000 persoas no festival de música celta de Lorient representando a Galicia. Agardamos que volva co trofeo MacCrimmon, que acredita ao seu gañador como mellor gaiteiro do mundo. Estamos contigo!
Manuel Seoane
Manuel Seoane toma o seu
primeiro contacto coa música tradicional aos catro anos cando comeza a ir a
clases de gaita con Suso Ascariz na Maristela, unha asociación cultural de
Sobrado dos Monxes. Tras botar dez anos formándose con Suso Ascariz, comeza a
dar clase con varios profesores, coma Pedro Lamas, para recibir clases
posteriormente por parte de Daniel Bellón, o gaiteiro máis galardoado da
historia de Galicia. Paralelamente á súa formación na gaita e na música
tradicional, en 2014 ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Melide
para comezar os seus estudos de música clásica e cursar a especialidade de
Saxofón. Actualmente, desenvolve os seus estudos musicais no CMUS Xoán Montes
de Lugo con Marcos Mariño, onde segue estudando actualmente.
O pasado
23 de abril participou no Concurso-Selección para o Trofeo MacCrimmon, no que
os catro seleccionados terían o privilexio de representar a Galicia no concurso
e no Festival Intercéltico de Lorient .Nel recibiu o segundo premio, sendo o gaiteiro máis novo en facelo e sendo o
único menor de idade (17 anos) dos catro premiados, tendo os outros unha media
de 30 anos de idade.
O Trofeo
MacCrimmon está considerado o premio máis alto ao que un gaiteiro pode aspirar,
nomeando ao seu gañador coma o mellor gaiteiro do panorama mundial. No concurso
definitivo en Lorient participan catro gaiteiros asturianos e catro galegos
(previamente seleccionados). Por exemplo, este concurso gañárono eminencias da
gaita coma Edelmiro Fernández, Daniel Bellón ou Carlos Núñez. Ademais de ser o
concurso máis importante do mundo da gaita, é tamén un reto para calquera
músico e require moita preparación, xa que non só debe interpretarse música
galega, senón que os participantes deben formarse en música asturiana e
bretona.