16 jun 2016

As lavandeiras da noite

Achegámonos a San Xoán, unha noite máxica da que perviviron ata os nosos días lendas, costumes e crenzas ancestrais. Esta semana algúns de vós descubristes rituais desa noite e tamén seres míticos galegos. Velaí outro deles: A Lavandeira da noite. 

"Mulleres vellas, de rostro seco e engurrado, que viven nas fontes. Acostúmanse a ver de noite lavando. Se alguén pasa, convídano a torcer a roupa. Se o camiñante acepta, ten que procurar non torcer no mesmo sentido ca elas, pois, se o fai, as desgrazas sucederanse e mesmo pode morrer. A roupa que lavan está manchada de sangue que nunca se vai. Crese que son espíritos de mulleres mortas no parto, das que abortaron, ou nais de nenos mortos sen bautizar. Velas é de mal agoiro". 



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario