Mencía Corral, de 4º ESO, recoméndanos esta semana As xoias da Sra. Bianconero, "cine mudo acabado de facer". Unha peza curiosa, dirixida e protagonizada por un elenco dos nosos mellores actores e actrices, que, con vinte e dous anos menos, xa apuntaban maneiras.
Título: As xoias da Señora Bianconero
Director: Jorge Coira
Produtor: Jorge Coira e Luís Tosar
Actores: Luís Tosar, María Bouzas, María Pujalte,
Quico Cadaval, Evaristo Calvo, Patri de Lorenzo, Víctor Mosqueira, Antonio
Pereira e Sonia Balsa
Ano: 1994
Sinopse:
A historia
parece interminable para o criado da casa. A señora Bianconero organiza unha festa onde expoñerá a súa nova colección de xoias, á que o
camareiro non chega a tempo por mor dunha decepción amorosa.
Ao longo da
celebración, o pobre home axúdase do alcohol para liberarse daquela penuria. A
chegada da súa amada acompañada doutro home, ocasiona un conflito que lle xoga unha mala pasada ao camareiro.
A escuridade tenta
cubrir a verdade, pero un golpe a tempo faina saír á luz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario