15 jun 2016

Os nenos que medran entre libros gañan máis diñeiro de maiores

“Adquirir o hábito da lectura é construírse un refuxio contra case todas as miserias da vida”. Cando o escritor William S. Maughampronunciou estas palabras non se refería literalmente a que os libros servisen para fuxir da pobreza, con todo un recente estudo mostrou que os nenos que crecen rodeados de libros terminan gañando máis diñeiro na súa vida adulta.
Fixéronse moitos estudos sobre as vantaxes da lectura durante ainfancia, como que melloran a empatía dos nenos ou que aqueles que len son máis intelixentes. Pero este novo estudo mostra algúns dos beneficios económicos a longo prazo de crecer nunha contorna con libros.
O estudo, realizado por investigadores da Universidade de Padua e desenvolvido en nove países europeos, atopou que os nenos que tiñan acceso a libros que non fosen de lectura obrigatoria no colexio chegaban a ter maiores ingresos de media que aqueles que non tiñan libros ao seu ao redor.
Le a nova completa en O Portal da Ciencia Galega

No hay comentarios:

Publicar un comentario