21 mar 2016

Son curtas: Dies dei

Mencía Corral, de 4º ESO, recoméndanos esta semana a primeira curta de Nani Matos. 

Título: Dies dei
Ano: 2009
Director: Nani Matos
Produción propia
Actores: Xan Cejudo, Mela Casal, Camila Bossa, Susana Dans, Luis Iglesia e Keka Losada
Sinopse:
Con numerosos premios no seu haber, esta curta conta a historia dunha parella de persoas maiores. 
Avelino loita día a día pola súa muller, Teresa. Esta sofre unha enfermidade que non lle permite valerse por si  e xa case non pode falar. O seu marido é o encargado de atender todas as súas necesidades. Despois de todo o esforzo, Avelino empeza tamén a sentir os síntomas da enfermidade, e chega un día no que as súas vidas cambian para sempre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario