2 feb. 2015

Peperetadas do Noso Entroido


O Entroido achégase paseniño. Vai quitando a filloeira que xa está convocada a decimosétima edición de  Peperetadas!

Con motivo do Entroido, o ENDL do IES de Curtis convoca un concurso de sobremesas galegas que terá lugar o venres, día 13 de febreiro, de acordo coas seguintes bases: 

1. DESTINATARIOS

O concurso está aberto a toda a Comunidade Educativa: alumnado, pais e nais, profesorado e persoal non docente. 

Poderase participar de xeito individual ou en grupo, repartindo, neste caso, o premio entre os distintos membros.

2. RECEITAS E DATOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES

As sobremesas elaboradas deberán ser típicas do Entroido. Cada prato irá acompañado da correspondente receita, escrita en lingua galega e mecanografada nun folio dobrado á metade. Na parte traseira do folio figurarán os datos persoais do autor ou autora e na dianteira, a receita. Esta información entregarase, asemade, en formato dixital.

3. DATA DE ENTREGA

O texto da receita deberá entregarse aos membros do departamento de Lingua e Literatura Galega ou do ENDL antes do 12 de febreiro.

Os pratos elaborados presentaranse no patio cuberto o día 13 de febreiro ás 8:45 h.

4. PREMIOS

Concederanse tres premios que consistirán nun vale, cunha validez dun mes, para cambiar por material escolar, material dixital, libros, discos ou películas en galego, por importe de:


1.º premio: 40€

2.º premio: 20€

3.º premio: 15€


Os premios poderán ser declarados desertos de non acadaren os pratos presentados unha calidade mínima.

5. XURADO

O xurado estará composto por tres membros do alumnado e tres membros do profesorado. A súa decisión será inapelable. Valoraranse a presentación, o sabor, a creatividade e a orixinalidade do prato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario