3 feb 2015

Superoito

Rosalía Rico, de 2º ESO A, preséntanos un dos seus grupos favoritos: Superoito
 
Superoito é un grupo composto por tres rapaces de vintecatro anos chamados Jabi, Glenn e Iván procedentes da vila de Ordes. Estes tres rapaces teñen un lema moi claro para definirse: “tocamos rápido, bailamos ben e facémolo en galego”.
Son compañeiros dende pequenos pero decidiron xuntarse en xaneiro de 2013 para facer o que mellor se lles dá, tocar rocanrol para que todo o mundo baile, cante e salte aló por onde vaian.

A parte de dedicarse á música, Ivan é profesor dunha escola, Javi é afeccionado á pintura, á escultura e ó surf e Glenn estaba preparando unhas oposicións.
O nome do grupo, non esconde demasiado misterio. Buscaban un nome en galego e Glenn tiña unhas cintas de vídeo na súa casa gravadas nun formato de vídeo moi utilizado nos anos 60, que se chamaba Superoito. Cando propuxo ese nome todos concordaron á primeira e así quedou.

En ocasións, coma neste caso, para os grupos que comezan dende abaixo, cando ninguén os coñece, resúltalles moi difícil conseguir os cartos suficientes para obter unha calidade de audio moi boa nun estudio de gravación profesional. Un día, Iván trouxo unha radio vella ata o local onde ensaiaban para probar que calidade podían aproveitar dos antigos cassettes e, sorprendidos co resultado final, decidiron gravar a maioría dos seus temas neste formato. Teñen un repertorio de 31 cancións, todas e cada unha delas de composición propia, e dentro das cales se pode atopar dende baladas ata composicións que se achegan máis ao punk ou ao rock; intentando facer unha mestura dos gustos musicais de cada un e que o resultado sexa cando menos bailable. Sen dúbida, para min, as mellores son “Tractor sen cabina” e “A historia do calcetín” entre outras tantas como “Fedello”, “Vagabundo”, “Pastillas de colores”, etc.

 Tamén intentamos facer letras simpáticas, que fagan rir á xente. Non nos gustan os artistas que fan letras tristes. Xa temos demasiados problemas no noso día a día como para rememoralos nas cancións. Os concertos son para pasalo ben e desconectar do resto, pero bueno, é a nosa opinión e ten que haber de todo.Especificaba Glenn.
Por outra parte, como xa ben dixen, todas as súas composicións están elaboradas na súa lingua, o galego. Con isto danse conta que lles pode xerar limitacións a hora de ter que actuar fóra de Galicia, pero con todo, expresarse en galego é algo que sempre tiveron claro. Confían en poder levar o galego tan lonxe como eles mesmos poidan chegar.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario