20 nov. 2016

Laboratorio visual de química: Funil.gal


Juan Fandiño, profesor de Química, déixanos un enlace ben interesante. Bótalle unha ollada que paga a pena!  

As ferramentas sobre as que constrúe o funil.gal son basicamente dúas: un libro electrónico de prácticas de laboratorio de química e unha serie de vídeos onde se visualizan dun xeito ameno os procedementos, as técnicas e o desenvolvemento práctico no laboratorio de química xeral.

O proxecto, segundo os seus autores, pretende transmitir coñecemento e destrezas, pero tamén actitudes e valores, ademais de dotar a lingua galega de novas ferramentas para o ámbito científico. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario