17 nov. 2016

Boa singradura, irmão


Máis que chorar a perda, celebrar a vida. A beleza. A amizade. A procura. O compromiso. Podería ser a mellor maneira de homenaxear a Fran Pérez,‘Narf’. “Supoño que iso é o labor do músico”, dixo, unha vez, cando presentaba 'Aló Irmão', hai xa uns anos. Facer un pouco mellor a vida dos demais. E a propia. Gozando das cousas pequenas. “Que”, -apuntaba- “son as máis importantes: o amor, os amigos, un día de sol, o mar…”. Ou a música. Poucas persoas coma el souberon construír espazos de irmandade coa cultura. Galiza-África. Galiza-América. O mundo e nós. As identidades compartidas.


Le completa a magnífica reportaxe de Montse Dopico en Praza Pública.

No hay comentarios:

Publicar un comentario