26 may 2016

IV CERTAME MIRA A TÚA CONTORNA: FOTOGRAFANDO AS MATEMÁTICAS






























O ENDL do IES de Curtis e o Seminario de Matemáticas  convocan o cuarto certame fotográfico dun proxecto plurianual que ten nesta edición un dobre obxectivo: dar a coñecer o patrimonio paisaxístico, medioambiental e artístico da nosa contorna, así como reflexionar sobre a presenza das matemáticas no mundo cotián. 
BASES
1.      Participantes. Poderá concursar calquera membro da Comunidade Educativa que presente unha obra inédita e que non fora premiada ou seleccionada noutros certames.
2.      Tema. O tema da edición 2016 é a relación da nosa contorna coas matemáticas. As imaxes deberán estar relacionadas co mundo das matemáticas nas súas múltiples manifestacións (xeometría, mosaicos, simetrías, cálculo numérico, estatística e azar...)
3.      Datos técnicos.
·         As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor
·         Presentaranse en formato dixital JPG ou TIFF, coa máxima calidade
·         Deberán levar cadanseu título que faga referencia de maneira orixinal ao contido matemático da obra, así como  unha breve descrición dos elementos matemáticos que o autor ou autora tentou captar.
·         O número de imaxes por participante é ilimitado
·         Acéptanse retoques fotográficos, pero non fotomontaxes
4.      Prazo de entrega. O prazo límite de entrega é o 10 de xuño.
5.      Presentación. Deberán presentarse no Seminario de Matemáticas ou no de Lingua Galega. Xunto coa imaxe achegarase un arquivo no que figuren o nome e apelidos da persoa que a envía e curso ou estamento ao que pertence no seo da Comunidade Educativa.
6.      Premio. O gañador ou gañadora recibirá unha tableta dixitalizadora. A fotografía imprimirase en formato 30x50, enmarcarase e pendurarase nun lugar visible do centro xunto co nome do autor ou autora e o curso académico ao que pertence.
Co conxunto das imaxes presentadas poderá realizarse unha exposición.
7.      Xurado. Estará constituído por seis membros do profesorado e alumnado do IES de Curtis. O premio poderá ser declarado deserto ou, se pola contra a calidade dos traballos o require, engadirse accésits.


No hay comentarios:

Publicar un comentario