9 abr 2016

O dez, revista de fútbol



E seguimos con descubrimentos futbolísticos, agora tócalle ao fútbol masculino. O dez é unha revista que segundo os seus autores: “Pretende abordar este deporte ofrecendo unha perspectiva diferente á hora de considerar o valor social e cultural.
Imos publicar historias descoñecidas que merecen ser contadas e non esqueceremos dar espazo ás ligazóns culturais que, cada día máis, se producen en todo o mundo tendo como eixe central este deporte. No mercado editorial español hai un pulo de libros publicados con temática futbolística e no mundo audiovisual continúan a realizarse traballos de bastante valor artístico.
Por medio de entrevistas e reportaxes iremos coñecendo a protagonistas futbolísticos do pasado e do presente, con especial incidencia nos profesionais galegos e as súas vicisitudes na profesión”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario