8 abr. 2016

Diego, Pedro e Alicia entrevistan a Antonio Mourelos

Magnífico o labor previo de documentación, que se traduce nunha entrevista intelixente e moi interesante sobre o mundo do audiovisual: a situación do sector, o labor das institucións, o divorcio Academia-TVG, a desigualdade de xénero e a especificidade do audiovisual galego son algúns dos temas abordados.
Parabéns a Diego, Pedro e Alicia, alumnos de 1º de bacharelato, e a nosa gratitude a Antonio Mourelos que puxo o seu tempo e os seus coñecementos ao servizo da escola pública e nos convidou a ser galegos sen complexos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario