4 mar. 2016

Un total de 14 espectáculos convértense en finalistas dos XX Premios de Teatro María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos/as nomeados/as aos XX Premios María Casares, a gran festa do teatro cuxa gala se celebrará o próximo 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña
O principio de Arquímedes, de Teatro do Atlántico, convértese neste 2015 na produción con maior número de finalistas, ao obter un total de 8 nomeacións. Pola súa banda, Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela Teatro, aspira a 7 galardóns e Presidente, de Teatro do Morcego, acada 5 nomeacións. Ademais, estas tres montaxes disputaranse o premio ao mellor espectáculo. 

Le a nova completa na páxina da AAAG


No hay comentarios:

Publicar un comentario