3 feb 2016

2 de febreiro, día da Candeloria


A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa.


Pola Candeloria, metade do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.








Hoxe, 2 de febreiro, é a festa da Candeloria, esmorece o inverno e casan os paxaros. A Candeloria é unha modesta celebración relixiosa, cargada de simbolismo, que consiste en levar velas á misa para que o crego as bendiga. "Noutros tempos estas candeas eran utilizadas para ser postas nas mans dos moribundos coma símbolo de protección cristiá no tránsito á outra vida", explican en Galicia Espallada. A candeloria era considerada tradicionalmente coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal. Vexan tamén o artigo da revista Setestrelo, que leva parada medio ano, desafortunadamente.

Información extraída de Vieiros  (2 de febreiro de 2004)

No hay comentarios:

Publicar un comentario