18 ene 2016

Son curtas: Unha muller que pasa

María Vaamonde Lesta, alumna de 4º ESO, recoméndanos Unha muller que pasa, curtametraxe que resultou gañadora do certame Curtas para Rosalía. O seu guión e edición foron realizados en tan só 12 horas. 

Dirección e produción: Xosé Antón Bocixa
Duración: 8 minutos
Ano: 2014

Desta vez, o gran Bocixa cambia o rock de Zënzar polo obxectivo da cámara e ofrécenos unha curtametraxe baseada nos poemas de Rosalía: "Coa pena ao lombo", "Como lle doe a ialma"  e "Por que?"
A música de Luís Liñares e Roi Gil poñen o pano de fondo á tristura dunha muller que pasa, mentres cantan os paxaros e despois de ver a súa casa desfeita na pobreza. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario