13 ene 2016

Son curtas: Good night, mon ami

Yeiko Sánchez Lago, de 4º ESO, recoméndanos a curta desta semana.

Animación en plastilina
Duración: 11 minutos
Ano: 2002
Directores: Tomás Conde e Virginia Curiá

Sinopse:
A curtametraxe de Tomás e Virginia baséase no relato de Castelao “Unha rúa nun porto lonxano” e aborda o drama dun pobo emigrante que oculta – por autoodio- a súa identidade.

Na taberna dun porto lonxano, no norte de Europa, atópanse dous mariñeiros: un fala francés e outro inglés. Comezan a beber xuntos ata emborrachárense baixo a atenta mirada do taberneiro. De repente bótanse a cantar nunha lingua diferente á que falaban hai un pouco. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario