14 ene 2016

Premio para a plataforma galega de videoxogos Sila Games


A empresa é lider en España en distribución para PC e fai o 98% das súas vendas no estranxeiro.

Sila Games, plataforma galega de distribución de xogos en liña, obtivo hai pouco o premio Novo Empresario que concede a asociación AJE-Vigo. Sila Games, con sede en Vigo, é unha plataforma comercial con clientes en Estados Unidos, Canadá, Alemaña, Corea do Sur, Taiwán ou Australia. De feito, lembra AJE-Vigo, o 98% das súas vendas sitúanse fóra do mercado estatal.
Ademais, engade a asociación, Sila Games foi que de superar xa, por volume de usuarios, á meirande empresa de distribución de xogos dixitais en España e compite na actualidade con empresas do panorama internacional. Sila Games dispón dun catálogo de máis de 1.800 xogos para PC dalgúns dos maiores desenvolvedores do panorama internacional.

Vía GCiencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario