21 ene 2016

Nace Sonmúsicas

Da man de  Javier, José Luís, Santiago e Julio, alumnos de FP Básica II, dirixidos por Cristina Brión, nace unha nova actividade encamiñada a divulgar a música galega. Cada semana farannos unha recensión musical que será publicitada nas aulas e principais dependencias do centro. Asemade, o disco elixido soará durante os recreos e poderás levalo en empréstito. 

Quen é?

María Xosé Silvar, " SES " (A Coruña , 1983) é unha cantautora galega, artista incansable,
convencida de que hai que soterrar canto antes o "autoodio estúpido e infundado" que persiste aínda neste século que a rodea, farta, no seu caso, de que algúns crean que non ten estudos, soamente porque emprega a lingua galega. As letras das súas cancións  denuncian, neste idioma, as desigualdades entre homes e mulleres e a indiferencia do mundo actual.
Licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, mestra de vocación, Sés comeza a súa andaina no mundo da música no ano 2007, cando crea con tres amigos o grupo Chamalle Xis!. No ano 2011 dá o salto á súa carreira en solitario co seu primeiro álbum de estudio  Admirando a condición, seguido no 2013 por este Co xenio destroxado, e recentemente o seu terceiro e, polo momento, último disco Tronzar os valos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario