24 ene 2016

II Máster Chef Curtis



A alta cociña chegou a Curtis. Se queres que o teu bo facer culinario sexa proxectado no patio cuberto e reciba un premio, pon o mandil, elabora a túa mellor receita de Entroido, grávaa co móbil e preséntaa no seminario de galego ou na secretaría do centro antes do 3 de febreiro.
 
BASES

1.  O concurso está aberto a toda a Comunidade Educativa: alumnado, pais e nais, profesorado e persoal non docente.

2.  Poderase concursar de xeito individual ou en grupo e o número de receitas que se poden presentar a concurso é ilimitado.

3. Os vídeos deben ser orixinais, gravados na máxima resolución e calidade posible e cunha duración máxima de 4 minutos.

4.  Os formatos aceptados son AVI e MP4.


5.
Valorarase:

- O bo humor dos participantes

- A calidade do vídeo

- A claridade da explicación


6. Se houber un número de participantes axeitado, as receitas proxectaranse no patio cuberto durante a celebración do Entroido.


7.
Haberá un único premio. O cociñeiro ou cociñeira que resulte vencedor será agasallado cun lote de instrumentos de cociña e o bocata ou consumición, durante quince días na cafetería do centro!

No hay comentarios:

Publicar un comentario