15 dic 2015

Son curtas: Humor sapiens



Rocío Sánchez, de 4º ESO, recomenda a curtametraxe da semana e espera que nos guste a todos. 

Xénero:comedia
Duración: 2´30´´
Ano:2014
Guión, montaxe e dirección fotográfica:Iago Manoel Souto
Música: Enriscapes
Produtora: O Galiñeiro Escuro

Esta produción, gañadora do premio á mellor curtametraxe do festival internacional Amal Espres, trata sobre a aparición dos smartphones e outros aparellos que provocan unha evolución nas persoas: o chamado “humor sapiens”.
En pouco máis de dous minutos podemos observar como o ser humano cambiou, e non sempre para ben,  por mor das novas tecnoloxías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario