15 dic 2015

Só un 8,5% dos universitarios galegos cursan carreiras de ciencia e tecnoloxía

Un informe revela a alarmante falta de vocacións científicas e que non se cubrirá a demanda de profesionais

No próximos cinco anos, o índice de titulados nas Universidades galegas en estudos relacionados co ámbito científico tecnolóxico non será suficiente para cubrir a demanda de profesionais do sector TIC. Dos 10.000 alumnos titulados nas Universidades galegas en 2014, só 753 cursaron carreiras científico-tecnolóxicas, unha tendencia descendente que se mantén desde 2010. Uns datos que contrastan coa crecente demanda de emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo.

Para atopar a causa da falta de vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñerías e Matemáticas), o estudo, realizado a partir dunha mostra de 5.120 estudantes de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato da 40 centros educativos da Comunidade, identifica unha serie de variables que inflúen nos alumnos á hora de elixir o seu itinerario formativo: o propio alumno, a contorna próxima, a contorna educativa e a contorna social.

Le a nova completa en GCiencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario