6 dic 2015

Son curtas: As damas negras

Paula Roade, de 4º ESO, recoméndanos unha curtametraxe que acadou diversos recoñecementos; entre eles, o Premio Mestre Mateo 2011 á mellor curta de ficción. 

 

Título: As damas negras
Director: Sonia Méndez
Produtora: Oroboro Films
Ano: 2010
Actores: Olalla Tesouro, Sandra Lesta, Pepa Yañez, Antela Cid, Nuria Sánz, Xose Barato, Alberto Rolán e Xan Solo
Duración: 20´50"

Catro mozas atópanse ensaiando a obra de teatro As damas negras, na que interpretan a catro mulleres que mataron o seu amante e teñen que finxir ante a policía facendo que están moi afectadas. 
Dous inspectores irrompen o ensaio para interrogalas sobre o homicidio dun indixente, producido dous días antes nunha rúa ás oito e media da noite, a unha hora e nun lugar por onde pasou Esther, unha das actrices.
Logo de moitas preguntas, o día da estrea, os inspectores comunicanlle que o vagabundo levaba unha taxa moi alta de alcohol en sangue e que puido caer el só, polo que o caso se pecha. 
Pero Esther terá que gardar un segredo de por vida.   


AS DAMAS NEGRAS from SONIA MÉNDEZ on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario