Un estudo realizado por investigadores do departamento de Psicoloxía
no Royal Holloway da Universidade de Londres (Reino Unido) identificou a
parte do cerebro que se activa cando se identifican os erros nas
tarefas que cometen os demais. Os autores consideran que este
descubrimento pode axudar a atopar ferramentas que axuden a optimizar o
ensino entre profesorado e alumnado.
“O córtex do cíngulo anterior
parece desempeñar un papel importante mp cerebro dunha persoa que
instrúe a outra. Esta rexión cerebral está involucrada en como as
persoas entenden a aprendizaxe e a toma de decisións dos demais. Isto
dános pistas sobre as bases biolóxicas dos comportamentos asociados ao
ensino e como o cerebro traballa cando interactuamos con outras
persoas”, explica a Sinc Matthew Apps, investigador da universidade
británica e autor principal do artigo.
Le a nova completa en Botóns, o Portal Galego de Educación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario