15 abr 2015

Serie Nomes propios: nº 1 Antonio Gómez Carneiro

“O camiño do futuro nunca está escrito. Só homes e mulleres que tiñan un determinado xeito de observar o mundo, coa vontade de compromiso necesario para traballar de cara á mellora da sociedade, e que atoparon un espazo social e político que lles permitiu compartir os seus proxectos”. 

A cita de Emilio Grandío Seoane, profesor de Historia da USC, preside a serie Nomes propios, un proxecto plurianual que o ENDL do IES de Curtis inicia este curso e co que pretende visibilizar os nomes das mulleres e dos homes da contorna que teceron os vimbios da nosa historia.
Inaugúrase cun primeiro número dedicado a Antonio Gómez Carneiro, alcalde republicano do concello de Mesía, promotor da democracia e de distintos proxectos culturais e empresariais destinados a mellorar a vida do rural.
O texto, magnífico (tendo en conta a idade do autor), é de Cristian Morandeira Gómez, alumno de 2º ESO; a maquetación correu a cargo dunha man amiga e experta: Óscar Canal; e o financiamento da iniciativa corresponde ao Concello de Mesía. A todos eles o ENDL failles chegar a súa gratitude. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario