16 abr 2015

Marga Pazos agradécelles aos seus pais a transmisión da lingua

Parabéns a Marga Pazos, Mestre Mateo á mellor presentadora de TVG 2015. O seu discurso de recollida do premio é, como fora no seu día o de Belén Regueira, unha acendida defensa do idioma e da TV pública: 
 
"A maior parte do mérito de que eu saíra na televisión é de meus pais, porque eran dúas persoas moi valentes, moi comprometidas coa súa identidade, que me criaron, que me educaron, que me berraron temén algunha vez, pero me acariñaron sempre no meu idioma...en galego. [...]Toda a miña familia, que somos un cento, sabemos onde estamos e quen somos. [...]Grazas ao meu idioma teño traballo, e teño traballo no meu país, que hoxe non é fácil; traballo no meu país, para o meu país, e nese idioma sigo eu acariñando os meus pelouros, que son o mellor que fixen na vida". 

A presentadora amosouse orgullosa e agradecida de traballar nunha televisión pública, un servizo público, do que non somos audiencia nin clientes nin usuarios, senón propietarios e, polo tanto, debemos esixirlles aos profesionais que traballan nela que dean o mellor de si.
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario